Marea Pontevedra defende que o Centro de Saúde de Monte Porreiro non perda o servizo de pediatría

Luís Rei: ‘Quixemos estar en Monte Porreiro o día que o barrio deixa de contar co pediatra. O día que 1300 nenos e nenas deixan de estar atendidos polo SERGAS.

1300 nenos e nenas do Barrio de Monte Porreiro  deixan hoxe de estar atendidos polo Servizo Galego de Saúde. Marea Pontevedra sumouse a petición veciñal para reparar esta situación e tamén para mellorar a atención que o barrio recibe por parte do Concello de Pontevedra. O candidato Luís Rei reclamou ‘a incorporación das dúas traballadoras sociais a tempo completo que serían necesarias para atender as necesidades das veciñas do barrio’.

Ademais de cubrir estas necesidades básicas Marea Pontevedra conta cun paquete de medidas para mellorar a calidade de vida no barrio. Son medidas recollidas a través do contacto diferente coa veciñanza e que constitúen propostas realizables desde o goberno do Concello:

  • Ampliar os vestiarios do campo de fútbol.
  • Ampliar  os aparcadoiros do campo de fútbol e do centro de saúde.
  • Recuperar a Escola Taller.
  • Coordinar as actividades do Centro Social e supervisar as súas contas desde o Concello.
  • Inventariar as parcelas abandonadas e buscar solucións satisfactorias.
  • Aumentar os colectores de lixo.
  • Impulsar unha rede de sendeiros peonís.
  • Negociar coas entidades bancarias para abrir unha oficina no barrio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*