Marea Pontevedra critica o elevado custo das actividades do NadaOcio

As vacacións de nadal son sempre unha ledicia para as familias que poden disfrutar máis tempo da compañía dos máis pequenos e das máis pequenas. Porén, en bastantes casos esta realidade convírtese nunha dificultade extra á hora de compatibilizar a vida laboral coa vida familiar, de aí que moitas institucións públicas oferten servizos para facilitar a conciliación.

En Pontevedra a realidade non é diferente e o Concello oferta no Pazo de Cultura un programa de actividades coñecido como Nadalocio, destinado tanto a conciliación como directamente a diversión dos nenos e nenas. O problema nace cando estas actividades non son inclusivas, nin tan sequera nestas datas que chaman a solidariedade, debido a unhas tarifas en certo modo abusivas.

O simple feito de entrar no Pazo da Cultura, un edificio público, custa 1€ para cada persoa (independentemente da idade e do acceso as atraccións) e as actividades custan desde os 3€ ata os 7€ do circuíto de Karts para persoas adultas (5€ para nenos e nenas). A máis popular, a pista de patinaxe sobre xeo, custa 5€ por usuario.

Marea Pontevedra solicita que a vindeira vez desde a organización do Nadalocio aposten pola diversión dos nenos e nenas sen distinguir entre as familias con maior capacidade económica e as que non teñen tantas posibilidades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*