Marea Pontevedra axudará a mellorar o barrio de San Roque atendendo as demandas da veciñanza

O colectivo cidadá mantivo onte un encontro na Rúa da Ponte Nova, onde as veciñas manifestaron o seu enfado co goberno local polo estado de abandono e o deterioro do barrio.

Luís Rei e Tere Casal, na compañía da coordinadora xeral de Marea Pontevedra, Peque González, e de compañeiras da formación, aproveitaron un descanso da choiva para falar coa veciñanza in situ, nunha rúa que agarda desde fai décadas un tratamento similar ás do centro da cidade.

Esta actuación, ao igual que o resto de emendas de Marea Pontevedra aos orzamentos da cidade, foi desbotada polos votos en contra do BNG e do PSdG. Deste xeito, Marea Pontevedra comprometeuse a realizar a actuación a partir de maio de 2019.

Luís Rei lembrou tamén que na axenda do seu colectivo está o proxecto da Paza do Mar, ideado polo arquitecto César Portela que abrirá a cidade ao mar e permitirá a veciñanza disfrutar da Ría de Pontevedra e das Ribeiras do Río dos Gafos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*