Marea Pontevedra aposta por recuperar Lourizán e insiste en non ampliar a depuradora dos Praceres

 

Marea Pontevedra mantivo na Praza dos Praceres un encontro coas veciñas e veciños de Lourizán, a parroquia máis castigada de Pontevedra, á que agora se pretende dar a última estocada co silencio cómplice do goberno do concello, coa ampliación da depuradora.

Unha parroquia e uns veciños batidos coa construción da autovía polo medio da ría e coa instalación de ENCE, a maior industria contaminante da contorna, instalación á que plantaron cara as mariscadoras da parroquia, torturadas e xulgadas por elo nun Consello de guerra. Mariscadoras cuxa memoria pervive nas xeracións que tomaron o relevo e que xa forma parte do ADN da xente dos Praceres.

En Lourizán instalouse posteriormente unha depuradora para ENCE e para os concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Vilaboa e Pontecaldelas, depuradora que nunca funcinou, basta con ver as “galletas” que flotan no mar. E que aínda  padeceu unha agresión de maior calado ao atravesar a Praza dos Praceres cun ferrocarril a nivel, no lugar de convivencia e núcleo de actividade de Lourizán, agresión tamén contestada polas veciñas e veciños que novamente foron reprimidas pola policía, que non bateu nos verdadeiros delincuentes que ían dentro do tren saudando o día da  inauguración, Lores, Fraga e Cuiña.

As propostas de Marea Pontevedra para revitalizar a parroquia e recuperar o paraíso roubado pasan pola recuperación da fachada litoral en Lourizán como única opción posible. Por construír o Parque da Dignidade, bloqueado polo Bloque de Lores. Por impulsar o soterramento do tren ao seu paso pola Praza dos Praceres. E por iniciar a recuperación da Ría, impedindo a ampliación da depuradora e obrigando a ENCE a devolver os terreos que ocupa ao seu estado natural.

#ChegouAHora #AgoraTocaLuísRei

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*