Marea pídelle ao goberno de Lores que poña en marcha ‘dunha vez’ a Renda Social Municipal

Carmen Moreira: O atraso na Renda Social Municipal obedece a unha xestión ineficaz por parte deste equipo goberno, en concreto da concelleira de servizos sociais.

Herminia Dios: A pobreza en Pontevedra  non entende nin de premios nin de viaxes institucionais. 

Paula Verao: Os concellos non poden botarlle sempre ás culpas a outras administracións para eludir as súas responsabilidades en materia social.

A concelleira, Carmen Moreira e a deputada de En Marea, Paula Verao, mantiveron esta mañá unha xuntanza cos colectivos sociais da cidade. No encontro, que tivo lugar na sede de Marea Pontevedra, os colectivos sociais trasladaron á concelleira e á deputada as necesidades das persoas da cidade que peor o están pasando e dos colectivos para seguir traballando na mellora da súa calidade de vida. Posteriormente ambas, e xunto coa coordinadora do Grupo Municipal de Marea Pontevedra, Herminia Dios, atenderon os medios para denunciar o atraso na tramitación da ordenanza da Renda Social.

Carmen Moreira amosouse moi crítica coa labor do goberno en materia social e tamén á hora de cumprir os seus compromisos: ‘Non é serio, non son de fiar nos compromisos que adquiren. A día de hoxe aínda non se cumpriu o principal compromiso que adquiriron con nós, no pleno do 23 de novembro de 2016 de poñer en marcha a renda social municipal. Este atraso unicamente é imputable á ineficaz xestión por parte deste equipo goberno, en concreto da concelleira de servizos sociais’.

Na mesma liña, Herminia Dios, quixo destacar que a pobreza é unha realidade na cidade do Lérez e que os problemas hai que afrontalos e non evadilos: ‘A pobreza en Pontevedra  non entende nin de premios nin de viaxes institucionais. Cunha poboación de 82.671 das cales 17.121 atópanse en situación de pobreza, segundo o indicador AROPE (20,71), o empobrecemento das familias do noso concello amosa a inexistente política social por parte deste equipo de goberno en satisfacer as necesidades básicas destas persoas. Hai máis interese en proporcionar esmola, axudas puntuais e beneficiencia que en garantir dereitos sociais básicos para cubrir necesidades vitais, que é finalidade da renda social, xa que axuda a modificar estas situacións de necesidade’.  

Por último, Paula Verao, amosou o apoio a implementación desta Renda Social, ao mesmo tempo que solicitou que ‘todas as administración deben traballar conxuntamente para facilitar a vida das persoas en risco ou situación de exclusión social. Os concellos non poden botarlle sempre ás culpas a outras administracións para eludir as súas responsabilidades en materia social’. A deputada tamén fixo mención a ineficacia das bolsas de emprego para as persoas perceptoras do RISGA, pois ‘trátase dunha medida paliativa que soamente beneficia á Xunta de Galicia, que deste xeito deixa de pagar esta prestación e unha vez rematada a bolsa volve a situación inicial’.


COLECTIVOS PARTICIPANTES

Boa Vida Inclusión Activa

Organización de Xordos de Galicia (XOGA)

Banco de alimentos

XUNTOS Asociación Síndrome de Down

Amencer-ASPACE

ONCE

Alento  Asociación de Dano Cerebral

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias de Pontevedra (AFAPO)

Asociación Española Contra el Cáncer

Amizade

Asociación de persoas xordas de Pontevedra


CRONOLOXÍA DA RENDA SOCIAL MUNICIPAL

08.11.2016 Proposición GM Marea ao pleno para instaurar unha  RSM: dictaminada favorablemente
23.11.2016 Pleno orzamentos: asúmea o Bloque como unha das seis emendas, pendente da primeria modificación de crédito
30.3.2017 GM. Marea envíalle a concelleira responsable un borrador de ordenanza.  Non hai resposta
12.4.2017 Co noso voto o pleno aproba a modificación de crédito: 400.000 euros
25.4.2017 Reenvíaselle á nova concelleira responsable o borrador de ordenanza
16.7.2017 O Bloque proponnos modificar a Ordenanza de Emerxencia Social (aduce que axiliza a tramitación). O servizo achéganos un borrador que, na asesoría xurídica, se nos dí que, en efecto, mellora os supostos da emerxencia, mais non permite unha renda entendida como cantidade fixa, mensual e non finalista. Pedimos, ao non ter resposta sobre o noso borrador, que se propoña un borrador da nova Ordenanza de Renda Social (xa que non se estimou o noso).
25.10.2017 O concello solicita á Xunta de Galicia un informe sobre posible duplicidade da Renda Social Municipal (coa Risga).
13.11.2017 A Xunta responde que non incorreríamos en duplicidade. Tarda tres semanas, e inclúe resposta das consellerías de Política social, Facenda e Presidencia).
12.12.2017 Inicio formal do procedemento de elaboración da ordenanza de R.S: Trámite da consulta pública a través da páxina web do Concello para recabar opinión da cidadanía e organización afectadas pola elaboración da nova ordenanza.
15.12.2017 No pleno aprobamos a reforma da Ordenanza de Emerxencia (publícase no BOPP do 26.2.2018).
20.2.2018 O GM Marea reclámalle novamente a Concelleira o borrador da Ordenanza da Renda, que se comprometerá a presentar en xullo do 2017 (Reitérease a petición verbalmente cada semana. Sempre dí que para a semana seguinte estará)
28.3.2018 O GM Marea reitera por escrito a petición do borrador de Ordenanza, para que pase por comisión e poida ir ao pleno de abril.  O pleno será na o 13.4.2018, e o tema segue sen ir
19.04.2018 Elaboración de proposta de Ordenanza de RS a cargo de servizo de benestar social
25.4.2018 Elaboración da memoria da Ordenanza R.S. a cargo do servizo de benestar social
16.5.2018 Elaboración do informe asesoría xurídica
21.6.2018 Informe do Órgano de Xestión Orzamentaria e Contabilidade (OXPC)
22.6.2018 Dilixencia de intervención
28.6.2018 O GM Marea solicita por escrito o acceso ao expediente de tramitación da ordenanza da RS. Deron acceso o 3 de xullo.
03.7.2018 Informe do servizo a inicio de expediente de gasto (Bases 9.4 e 51)

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*