Marea insiste en que Pontevedra debe dar máis pasos para poder acoller a persoas refuxiadas

Preocupa e moito como se están a facer todas estas xestións, en que punto se atopan e desde Marea agardan que estas preguntas teñan resposta na maior brevidade polo ben das persoas refuxiadas  

No mes de xuño o Concello de Pontevedra sumouse á rede de municipios de acollida de persoas refuxiadas. Enténdese, por tanto, que xa dou traslado da dispoñibilidade de recursos cos conta a cidade do Lérez á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP),  entidade encargada de coordinar a acollida a nivel estatal, canalizando a través de diferentes ONGs en función dos recursos disponibles.

Marea Pontevedra sempre amosou a súa preocupación polas persoas que teñen que abandonar os seus países para salvagardar as súas vidas e, co ánimo de garantir os mínimos vitais e de dignidade, aparecen numerosas preguntas ás que o goberno local non deu resposta todavía:

Que recursos se puxeron a disposición por parte do Concello?  

Cantas persoas teñen previsto acoller?

Xa contactaron as ONGs co Concello para canalizar a distribución das refuxiadas?

Para cando vai estar finalizado o protocolo para atender a estas familias, que segundo as palabras do alcalde: ‘aínda está sen desenvolver’?

Marea Pontevedra entende que é unha situación complexa, na que todas as administracións dos diferentes estados deben traballar coordinadamente, e solicita que o goberno local dea pasos adiante para que a boa intención non quede unicamente nun acto de propaganda para ‘venderse’ como concello sensible diante do desastre humanitario que provoca a inoperancia dos gobernos da UE.

Preocupa e moito como se están a facer todas estas xestións, en que punto se atopan  e  desde Marea agardan que estas preguntas teñan resposta na maior brevidade polo ben das persoas refuxiadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*