Luís Villares respalda a Luís Rei na presentación pública da súa candidatura á alcaldía por Marea Pontevedra

O voceiro de En Marea, Luís Villares, visitou Pontevedra para respaldar a Luís Rei, recentemente escollido como candidato a alcalde nas primarias de Marea Pontevedra. Ambos defenderon a labor desempeñada por Marea Pontevedra nestes case tres anos na corporación municipal. Unha confluencia que ‘chegou para quedar e para traballar por unha Pontevedra xusta’.

O escritor amosou o seu optimismo con respecto as vindeiras municipais: ‘Todo apunta a que a cidadanía non apostará por un goberno monocolor e Marea Pontevedra estará disputando a alcaldía co resto de forzas de progreso’. Pola súa banda, Luís Villares,  avalou o traballo realizado ata agora polo colectivo cidadá e que ten claro que: ‘pode liderar un goberno que desenvolva e impulse as políticas pendentes da cidade’


ENCONTRO DE MAREAS

Para iniciar a preparación das municipais, En Marea organiza encontros abertos nas catro provincias galegas para decidir os vindeiros pasos e a relación de En Marea coas mareas locais. No caso de Pontevedra, mareas de toda a provincia reuniranse o vindeiro domingo 18 de febreiro no Centro Leste, sendo Marea Pontevedra a anfitriona do evento.

O gran obxectivo de En Marea será que as confluencias municipalistas poidan estar presentes nos gobernos das deputacións provinciais que se formen tras as eleccións de 2019 e, especialmente, na de Pontevedra.

As conclusións, desta xornada de reflexión e debate, serán tomadas como base para a elaboración da tese do Plenario, que se celebrará o 17 de marzo, sobre Eleccións Municipais 2019.


ORGANIZACIÓN E HORARIO:

10:00h: Acreditación e benvida
10:30h: Primeira sesión de traballo en grupos, puntos 1 e 2
11:30h: Pausa café
12:00h: Segunda sesión de traballo en grupos, puntos 3 e 4
13:00h: Posta en común e conclusións en plenario
13:45h: Peche da Xornada

INSCRÍBETE: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdMTY_UiQVOwazr3YQa1flIhGM7jo7X-CJrb2EEmbQpOWzq8A/viewform

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*