Luís Rei presenta os avais para ser candidato á alcaldía de Pontevedra.

O actual voceiro do colectivo cidadá ratifica así a súa aposta por encabezar a candidatura de Marea Pontevedra en maio de 2019.

Marea Pontevedra xa ten o seu primeiro candidato para encabezar a lista electoral que disputará a alcaldía o vindeiro ano. O escritor e actual voceiro, Luís Rei, presentou esta mesma tarde os avais necesarios para revalidar a súa candidatura: Son un pontevedrés que camiña ao lado de moitas outras persoas. É unha honra que unha ducia de bos e xenerosos me acompañen agora.

Na presentación, acompañado das persoas que lexitiman a súa candidatura, fixo un pequeno balance da realidade de Marea Pontevedra despois de 3 anos no Concello e manifestou o seu orgullo por contar con apoios significativos na cidade: Están aquí persoas-chave na defensa da sanidade e do ensino, públicos e de calidade. Representantes da autodefensa social, de cristiáns de base, do movemento veciñal. Avalános ademais, hoxe, a nosa traxectoria de oposición útil no concello. A mesma coa que, mañá, lles pediremos os veciños o seu apoio para sermos o goberno da xente.


AVAIS DA CANDIDATURA DE LUÍS REI

Guille Casalderrey. Arquitecto.

Anxo Corbillón. Economista.

Antonio de la Peña. Arqueólogo.

Manuel Xesús Fontán. Técnico forestal.

Carmen González. Coordinadora de Marea Pontevedra.

Rosina Hermida. Activista contra a pobreza.

María Luisa Lores. Radióloga.

César Maquieira. Activista pola mobilidade.

Manuel Martín. Médico de familia.

Carmen Moreira. Concelleira de Marea Pontevedra

Paula Piay. Psicóloga.

Eladio Torres. Plataforma Pola Defensa da Praza dos Praceres.

Sara Valenzuela. Profesora de historia.

Pepa Vázquez. Traballadora social.

José Luis Vidal. Movemento veciñal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*