Luís Rei: Pagamos o pato dun goberno que non dialoga nin protexe a xente, e ademais é trapalleiro

©Fotografía de David Freire

O voceiro e candidato á alcaldía de Marea Pontevedra culpa ao goberno de Lores da senteza do Supremo que deixa a Pontevedra sen defensa ante os crematorios.

A falta de PXOM, a falta de estudo de impacto ambiental e a incapacidade para chegar a acordos do goberno local son, sen dúbida, argumentos moito máis válidos que os que pronuncia o Goberno Local de Pontevedra para explicar a indefensión que padece Pontevedra ante a ameaza da instalación de crematorios en zonas habitadas do municipio. Iso de que a culpa é dos veciños e das veciñas é tan simple como eticamente reprobable, pois se a veciñanza viuse obrigada a iniciar unha batalla nos xulgados foi unicamente pola omisión e o pasotismo do goberno ante as súas demandas.

Así se pronunciou esta mañá Luís Rei: O que sucede e consecuencia dun goberno, o do BNG de Lores, que non dialoga nin protexe a xente. Os veciños e as veciñas  víronse abocados a emprender a vía xudicial, e como tamén e un goberno trapalleiro, os xuíces remataron por darlle a razón porque a modificación do PXOM non incluía unha avaliación ambiental, por tanto, estaba mal feita. Agora, como en moitos outros casos, as consecuencias pagámolas todos e todas.

Para o candidato de Marea Pontevedra a distancia de 50 metros dos crematorios respecto as vivendas é demasiado cativa para poder garantir a saúde das persoas que residan preto del, pois  existen estudos médicos que amosan a súa repercusión sobre a saúde das persoas que habitan os arredores deste tipo de instalacións. Por último, o voceiro subliñou que Marea Pontevedra estivo , está e estará coas lexitimas reivindicacións das veciñas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*