Luís Rei: O goberno recoñece que permitiu a degradación do Río Gafos cos valados publicitarios

Marea Pontevedra amosa a súa sorpresa polas declaracións dun responsable do goberno local nas que afirma que o concello vén de descubrir que un soar situado na ribeira urbana do río dos Gafos é de titularidade municipal.

A finca en cuestión está situada na confluencia das rúas Alcalde Hevia e María Vitoria Moreno e o seu estado de degradación e abandono foi denunciado nos últimos anos pola veciñanza de xeito reiterado sen que precisamente o concello fixese caso algún das súas demandas.

A Luís Rei, voceiro de Marea Pontevedra, chámalle sobre todo a atención que un alcalde como Lores “tarde nada máis e nada menos que vinte anos en detectar que unha finca tan afeada por valados publicitarios sexa, ao fin, propiedade do concello que preside”.

Nese sentido Marea Pontevedra pregúntase como foi posible que, sendo ese soar de titularidade municipal, se permitise por parte de empresas privadas a instalación duns macrovalados que afean e deterioran a calidade urbana da contorna do Gafos. “Demandamos ante o pleno municipal que se estudase a permisividade legal co feismo que transmiten os repetidos complexos de valados xunto a un río que foi recuperado para lecer da cidadanía. E, agora, é o propio equipo de goberno o que recoñece que quen permitiu precisamente a degradación e a publicidade invasiva era el mesmo”, subliña Luís Rei.

Marea Pontevedra lembra que a xestión por parte do alcalde Fernández Lores de certas fincas da ribeira dos Gafos non se corresponden precisamente coa boa xestión administrativa. “Nalgún caso “descobren” dun día para outro, e despois de dúas décadas de alcaldía, que un soar determinado é de propiedade municipal e noutro, como no caso da finca dos Gafos pola que o Concello de Pontevedra leva perdidos mediante sentenzas xudiciais varios millóns de euros a pagar todos os pontevedreses, se equivocaron e era, en realidade, propiedade privada. Algo esta a fallar ou está cansado de gobernar”, engade Luís Rei.


FALTA DE ÉTICA PROFESIONAL E DE ESCRÚPULOS E, TAMÉN, INCOMPETENCIA

Fai máis de dous anos Marea Pontevedra presentou o seguinte rogo, recibindo por resposta do Bloque de Lores que a titularidade da parcela era privada e que o Concello non podía facer nada.

Marea Pontevedra solicita a retirada dos grandes valados publicitarios da ribeira urbana do río do Gafos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*