Luís Rei: Fomento, do PP e do PSOE, e o Bloque de Lores van xuntos neste ataque contra Pontevedra

‘A  autovía A-57 converte nun inferno a vida de moitas familias e aséstalle unha coitelada definitiva ao rural pontevedrés’ indicou o voceiro.

O colectivo cidadá rexistrará un escrito de queixa polas trabas que sofren os veciños para presentar as alegacións nos rexistros da Deputación de Pontevedra e nos do Ministerio de Fomento.

A construción da A-57 é unha aberración. Non é unha circunvalación, senón unha autovía que atravesará o Galicia desde A Coruña ata O Porriño paralela a AP-9 e na que nos tres últimos investiuse a maior parte dos fondos que o Estado tiña para Pontevedra. En definitiva, esta autovía supón un atentado ambiental e un custo infinitamente maior que rescatar para o público a AP-9 e liberala da súa peaxe.

Ante unha situación inxusta social e ambientalmente, e que ademais afecta directamente a propiedade privada de moitas veciñas de Pontevedra, a preocupación veciñal converteuse en oposición a un trazado que supón, en palabras de Luís Rei, ‘unha coitelada definitiva ao rural pontevedrés’. Esta oposición, idéntica á que leva pronunciando Marea Pontevedra desde a súa entrada na corporación municipal, levou as veciñas a rexistrar alegacións a un trazado inxusto, en particular, e a unha infraestrutura inútil, en xeral.

Ata aquí todo normal, salvo porque os rexistros do Ministerio de Fomento e da Deputación de Pontevedra comezaron a poñer impedimentos, limitando a presentación de alegacións a un máximo de 10 por persoa e día, segundo denunciaron os propios afectados. Resulta incomprensible esta actuación, pois a propia administración non está cumprindo a lei de procedemento administrativo común.

Marea Pontevedra mantivo onte unha xuntanza coas veciñas de Xeve, Bora e Marcón, as afectadas directamente polo trazado aprobado. No encontro, que tivo lugar na Casa da Cultura de Xeve, o colectivo cidadá comprometeuse a camiñar do lado da veciñanza para sumar forzas contra esta desfeita. Marea Pontevedra presentará unha queixa en ambos rexistros e defenderá a paralización dunha obra impulsada por Fomento e solicitada polo executivo pontevedrés: Fomento do PP e do PSOE e o Bloque de Lores van xuntos neste ataque contra Pontevedra, rematou o voceiro e candidato á alcaldía.

Escrito Deputación

Escrito Fomento

2 thoughts on “Luís Rei: Fomento, do PP e do PSOE, e o Bloque de Lores van xuntos neste ataque contra Pontevedra”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*