Luís Rei e Alexandra Fernández suman forzas para paralizar a construción da A-57

Luís Rei: ‘A  autovía A-57 converte nun inferno a vida de moitas familias e aséstalle unha coitelada definitiva ao rural pontevedrés’

Alexandra Fernández: A A-57 é unha infraestrutura totalmente innecesaria que significaría pagar dúas veces,por un lado o custe da peaxe e polo outro o custe dunha obra nova.

A construción da A-57 é unha aberración. Non é unha circunvalación, senón unha autovía que atravesará o Galicia desde A Coruña ata O Porriño paralela a AP-9 e na que nos tres últimos investiuse a maior parte dos fondos que o Estado tiña para Pontevedra. En definitiva, esta autovía supón un atentado ambiental e un custo infinitamente maior que rescatar para o público a AP-9 e liberala da súa peaxe.

O voceiro e candidato á alcaldía de Marea Pontevedra, Luís Rei, e a deputada de En Marea no Congreso dos Deputados, Alexandra Fernández, atenderon ao medios, xunto á veciñanza afectada, para presentar as iniciativas institucionais que levarán a cabo para paralizar a construcción dunha infraestrutura inútil.

Estas proposicións chegan despois da xuntanza que mantiveron en Xeve cos veciños e coas veciñas que solicitan a paralización da obra. Marea Pontevedra solicitará mediante unha moción no pleno que o Concello poña a disposición das afectadas a súa asesoría xurídica para que poidan defender o seus dereitos. A deputada, pola súa banda, presenta no Congreso dúas preguntas e unha PNL para paralizar o proxecto ‘hai uns días reunímonos coas persoas afectadas e comprometémonos en trasladar as súas demandas ao Congreso dos Deputados. Hoxe presentamos esas iniciativas’ indicou Alexandra Fernández

Segundo o voceiro da formación local a Pontevedra tócalle sufrir as decisións políticas dos gobernos do PP e do PSOE a nivel estatal e do BNG de Lores a nivel local, ‘unhas decisións totalmente contrarias aos intereses veciñais. Fomento, do PP e do PSOE, e o Bloque de Lores van xuntos neste ataque contra Pontevedra. ‘A  autovía A-57 converte nun inferno a vida de moitas familias e aséstalle unha coitelada definitiva ao rural pontevedrés’

Ante un modelo que expolia o territorio e os seus recursos naturais a única solución é planificar e consensuar coa poboación as infraestruturas O que fai falta é unha racionalización das infraestruturas. A prioridade ten que pasar por unha autoestrada libre de peaxes e por investir no seu mantemento e non na construción de autovías paralelas a outras que xa existen. A A-57 é unha infraestrutura totalmente innecesaria que significaría pagar dúas veces,por un lado o custe da peaxe e polo outro o custe dunha obra nova’, rematou Alexandra.

INICIATIVAS PRESENTADAS:

PNL PARALIZACIÓN A-57

PREGUNTA A-57

PREGUNTA A-57 TRAMOS AFECTADOS

MOCIÓN ASESORÍA XURÍDICA PARA A VECIÑANZA A-57

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*