Luís Rei considera que o cambio do goberno amosa un esgotamento do modelo dos últimos anos

Marea Pontevedra considera que a incorporación de Anxos Riveiro abre unha porta á esperanza para unha xestión efectiva dos servizos sociais

A restruturación do goberno municipal foi valorada polo portavoz de Marea Pontevedra Luís Rei como unha ‘mostra clara dun certo esgotamento do modelo do goberno nos últimos anos’. A perda de  atribucions de Luís Bará, froito das multiples incorporacións a tarefas organicas institucionais, ven a parchear unhas carencias que segundo Marea Pontevedra poderían cubrirse construíndo unha maioría máis ampla de progreso para a que: ‘seguiremos tendendo a man en beneficio dos veciños e veciñas de Pontevedra. Non obstante insistimos en que Luís Bará debería escoller entre a representación autonómica ou o goberno municipal en lugar de compatibilizar ambas actividades’.

O portavoz analizou esta remodelación como unha consecuencia do xiro social que Marea Pontevedra leva defendendo desde a súa entrada na corporación: ’É un desenlace normal despois do xiro social emprendido polo goberno de Lores froito das múltiples iniciativas que levamos impulsado na materia nestes dous anos, nomeadamente a renda social posta en marcha grazas a modificación de crédito’

Luís Rei tamén valorou a incorporación de Anxos Riveiro á fronte da Concellería de Servizos Sociais:  ‘Anxos Riveiro é unha das concelleiras con mais sensibilidade e máis capacidade de traballo do goberno municipal. Agardo que teña éxito nas súas novas tarefas e que poidamos colaborar para solucionar os problemas  dunha sociedade con tantas persoas no limiar da probreza’. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*