Luís Rei confírmase como o candidato de Marea Pontevedra para as municipais de 2019

O voceiro recibiu un total de 96 apoios na primeira fase das primarias do colectivo cidadá. O escritor  é o primeiro candidato elexido por unha marea municipalista para o 2019.

A primeira fase das primarias chega ao seu fin coa elección de Luís Rei como candidato de Marea Pontevedra. Un cento de mareantes confirman ao único candidato que se presentaba. Luís Rei recibiu o total de votos emitidos agás un voto en branco.

O feito que soamente existise un único candidato para encabezar a lista amosa o alto grado de consenso que existe arredor do traballo realizado por Marea Pontevedra durante estes tres na corporación municipal. Porén, esta circunstancia que podería limitar a participación, non impediu que un tercio das inscritas apoiaran a Luís Rei .


RESULTADOS:

– Censo MP: 351
– Total votos emitidos: 97
– Votos validos: 96
– Votos nulo: 1
– Luís Rei: 95
– Votos en branco:1


ACTA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*