Luís Rei: ‘A prórroga dun ano no contrato do lixo invita a xuntar compostaxe e remunicipalización’

Marea Pontevedra considera a renovación do contrato de recollida de lixo como unha oportunidade para avanzar no seu rescate.

Despois de coñecer a resolución do goberno local de prorrogar o contrato de lixo por un prazo dun ano, o portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei, manifestou a esperanza de que esta medida sirva para dar pasos a favor da súa remunicipalización.

Foi no pleno de abril no Concello de Pontevedra, cando Marea presentou a proposta de prorrogar o contrato por un prazo de tres anos, deixando unha porta aberta para que a vindeira corporación tivera capacidade para poder devolver a xestión deste servizo ao sector público. Se ben a moción foi desbotada, este cambio de opinión do executivo pode entenderse como unha vía aberta a xuntar o proxecto da compostaxe coa remunicipalización do servizo: ‘A prórroga dun ano no contrato do lixo invita a xuntar compostaxe e remunicipalización. Nós seguiremos traballando para convencer a corporación e ao goberno dos beneficios de avanzar cara a xestión directa dos servizos públicos’, agregou Luís Rei.


Marea Pontevedra aposta por prorrogar tres anos o contrato do lixo para avanzar na súa remunicipalización no vindeiro mandato municipal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*