Luís Rei: ‘A normalización lingüística vai ter unha maior atención con Marea Pontevedra no goberno do Concello’

O Concello de Pontevedra destina cada ano unicamente 90 mil euros para potenciar a normalización lingüística na nosa Pontevedra. Esta cantidade supón un 0,12% do orzamento, un compromiso cativo que pode ser un factor explicativo para que o galego perda falantes cada día na Boa Vila. Pontevedra é, xunto con Ferrol, a cidade galega con peores datos para o galego, e lidera este triste ranking cando nos referimos a menores de 5 anos. Son datos que vaticinan un futuro aínda peor que un presente onde Santiago de Compostela dóbranos en galegofalantes.

O voceiro e candidato de Marea Pontevedra, Luís Rei, e a número 6 da lista de Marea, Herminia Dios, mantiveron onte un encontro coa Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística para comezar unha colaboración que poida paliar unha situación de risco para un patrimonio único. Para Luís Rei ‘é unha asignatura pendente do Bloque de Lores despois de 20 anos gobernando. Desde logo que co goberno de Marea Pontevedra terá unha maior atención’.


DEMANDAS ASUMIDAS E INCORPORADAS A AXENDA DE GOBERNO DE MAREA PONTEVEDRA

  • Incremento da partida destinada a normalización lingüística que permitan potenciar o servizo e consolidar os postos de traballo.
  • Mellorar toda a sinalización do concello
  • Axeitado uso público do idioma galego por parte dos representantes públicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*