Lores renuncia a que o Concello de Pontevedra adquira o edificio da Garda Civil

O goberno do Estado recoñece, na resposta a senadora Vanessa Angustia, que a Corporación Local de Pontevedra nunca manifestou o seu interese na adquisición.

O goberno respondeu á pregunta da senadora pontevedresa, Vanessa Angustia, sobre a situación do edificio da Garda Civil da Rúa Loureiro Crespo. A resposta escrita aclara que o edificio, en desuso, carece de utilidade para a administración, polo que procede a iniciar un proceso de alleamento.

A propia resposta aclara que o proceso de alleamento realizarase mediante subasta pública al alza despois de que o Concello de Pontevedra non amosase interés en facerse coa súa titularidade: ‘Por otra parte, se señala que desde que el inmueble fue puesto a disposición de la GIESE se han llevado a cabo constantes gestiones con el Ayuntamiento de Pontevedra para posibilitar una recalificación más favorable del inmueble que permitiera su mejor enajenación. En este sentido, se indica que dicha Corporación Local nunca ha puesto de manifiesto su interés por la adquisición’. 

Ver resposta completa

Emilio Moldes. La voz de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*