Ideas+Propostas (I+P)

A irrupción do 15-M e dos movementos sociais que o seguiron, alén do seu alcance concreto, revela que a arquitectura institucional falla e que o sector da poboación máis dinámico percibe que a armazón política, representativa e institucional xurdida da transición están esgotadas.

Os últimos casos de corrupción que afectan especialmente aos partidos políticos da alternancia (PP e PSOE), e mais á propia Casa Real, ao poder xudicial ou á patronal son a evidencia dunha crise institucional sen precedentes que non se resolve só cunhas cantas dimisións, parches ou xustificacións.

A utilización dos espazos institucionais como fonte para a acumulación de privilexios e a falta de mecanismos efectivos de redención de contas e de participación popular nos asuntos públicos anima á articulación de novas canles para dar impulso a unha efectiva intervención da cidadanía nas decisións gobernamentais. Soamente así se poderá pasar da Democracia representativa (instituída, restrinxida e controlada) á Democracia participativa (instituínte e extensiva, coas persoas do común como protagonistas e co cambio social como obxectivo).

Traballo do grupo municipal   

Programa