Finalizado o prazo de presentación de candidaturas para as primarias de Marea Pontevedra

Soamente o actual portavoz, Luís Rei, presentou ante a comisión electoral os avais correspodentes.

Unha vez finalizado o prazo para candidatarse as primarias do colectivo cidadá, pódese dicir que Marea Pontevedra xa ten candidato, xa que unicamente Luís Rei presentou en tempo e forma os avais necesarios para disputar a alcaldía nas vindeiras municipais. Na votación, que terá lugar a vindeira semana haberá dúas opcións, riscar o nome de Lúis Rei na papeleta ou deixala en branco.

O feito que soamente exista un único candidato para encabezar a lista amosa o alto grado de consenso que existe arredor do escritor e do traballo realizado por Marea Pontevedra durante estes tres na corporación municipal.


VOTACIÓN

A vindeira semana terá lugar a votación da primeira fase das primarias de Marea Pontevedra. A xornada de votación en urna será o próximo venres 9 de febreiro entre as 11,00 e as 21,00 horas na sede de Marea Pontevedra. Se por algún motivo alguén non pode achegarse ao colexio electoral poderá exercer o seu voto por correo electrónico (primarias2019@mareapontevedra.org) desde as 0,00 horas do martes 5 de febreiro ata o xoves 8 de febreiro ás 20,00 horas

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*