Finalizada a votación telemática nas primarias de Marea Pontevedra. Mañá terá lugar a votación presencial.

O prazo para o voto telemático pechouse hoxe ás 20:00. A votación presencial será este venres, nunha xornada que comeza ás 11,00 e que remata  ás 21,00 horas. 

Marea Pontevedra continua co proceso democrático de elección da persoa candidata a alcaldía nas municipais de 2019. O colectivo cidadá ratifica así unha aposta decidida pola democracia interna na toma de decisións, xa que as persoas inscritas decidirán a candidatura das vindeiras eleccións baixo o principio ‘unha persoa, un voto’. O censo de Marea Pontevedra medrou en 21 inscritas o ano pasado, polo que un total de 354 están chamadas a votar.

A xornada electoral forma parte da primeira fase das primarias, na que se elixe á cabeza de lista. A segunda terá lugar no derradeiro trimestre deste ano e elixirá ao conxunto de persoas chamadas a representar ás veciñas no Concello de Pontevedra.

Mañá , venres 9 de febreiro, as inscritas votarán na urna, situada na sede do colectivo, entre ás 11,00 e ás 21,00.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*