Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xornadas de Xestión Pública

Novembro 17//4:45 p.m. - 8:30 p.m.

xestión pública post-01

Nas Mareas temos como un dos nosos principios básicos a defensa da xestión directa dos servizos proporcionados desde o sector público. Consideramos que as inversións públicas encamiñadas a facilitar a vida das persoas e a cubrir as súas necesidades básicas deben estar suxeitas ao interese xeral e non á procura de beneficios por parte das entidades que os xestionen.

No Concello de Pontevedra a maior parte dos servizos están en mans de empresas concesionarias, algo que levamos tempo intentando cambiar desde a nosa entrada na corporación municipal. Dada a dificultade de avanzar na municipalización simplemente coa nosa actividade institucional coidamos necesario compartir experiencias con actores doutros municipios que están conseguindo a recuperación para a xestión pública dos servizos básicos fundamentais.

Por este motivo decidimos impulsar unhas palestras o venres 17 de novembro nas que analizar como recuperar a xestión pública dos servizos que garanten os nosos dereitos.Captura

Details

Date:
Novembro 17
Time:
4:45 p.m. - 8:30 p.m.

Organizers

Marea Pontevedra
En Marea

Venue

Facultade de Belas Artes
Rúa da Maestranza, 2, 36002 Pontevedra
Pontevedra, Spain
+ Google Map