
- Este evento pasou.
Xornadas ambientais: Para que nos serve a Ría?
Marzo 31, 2017//4:00 p.m. - Abril 1, 2017//2:00 p.m.

Hai un ano o goberno en funcións de Mariano Rajoy prorrogaba por 60 anos máis a presenza da factoría ENCE na Ría de Pontevedra contra os desexos maioritarios dos pontevedreses e pontevedresas de librarse dunha herdanza tóxica do franquismo. Porén, esta non é a única agresión ambiental, social e urbanística que sofre a Ría de Pontevedra.
O concello de Pontevedra ten 5 quilómetros de fachada marítima e nos últimos 17 anos non se gañou un só metro na recuperación do litoral, senón que seguiu agravándose a situación. Marea Pontevedra ten localizadas ata 7 agresións graves na desembocadura do río Lérez (enlace da AP9, edificio da Garda Civil, porto deportivo, naves da administración provincial na xunqueira do Alba, gasolineira e edificios da ponte do Burgo, verteduras directas entre a ponte de Santiago e a ponte dos Tirantes e cocheiras do ministerio de Fomento), e 7 máis no fondo da ría (autovía a Marín, cocheiras de Monbus, macronudo-rotonda da AP9, complexo Ence-Elnosa, liña ferroviaria, recheos do porto, e a degradación da xunqueira de Gandarela).
As xornadas levaránse a cabo na Praza dos Praceres, xa coñecida como o kilometro cero da degradación da ría desde que foi atravesada ilegalmente por un ferrocarril e aillada do mar pola construcción do Scalextric da autovía. Nelas intervirán expertos ecoloxistas, líderes sociais e personalidades políticas, xunto con veciñas da parroquia de Lourizán. Ademáis das mesas tamén haberá a proxección dunha peza audiovisual do documentalista Lukas Santiago e un roteiro polos zonas máis críticas da Ría de Pontevedra (Praza dos Praceres, recheos do Porto de Marín, E.D.A.R, autovía e complexo industrial Ence-Elnosa)
SESIÓN VENRES 31 DE MARZO
16,15 horas.- Acollida as asistentes
16,30 h. Mesa Redonda 1.- Un sinsentido: agresións ao río Lérez e a ría de Pontevedra
Interveñen:
- Herminia Dios. Vicecoordinadora de Marea Pontevedra
- Jaime Acuña. Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres (sobre os recheos do porto)
- Representante de Amigos da Terra (sobre os residuos urbanos)
- Estefanía Torres. Eurodeputada de Podemos (A lexislación europea ambiental e a ría de Pontevedra)
- Luís Rei. Portavoz de Marea Pontevedra (as agresións de empresas á Ría)
18,00 h. Mesa redonda 2.- ENCE: 60 anos máis de condena
Interveñen:
- Peque González. Secretaria de Marea Pontevedra
- Enrique Acuña. Historiador e editor (a loita contra ENCE)
- Antón Masa. Asociación pola Defensa da Ría (sobre a contaminación da ría)
- Isabel Vilalba. Sindicato Labrego Galego (o papel de Celulosas na economía do pais)
- Paco Díaz. Salvemos Pontevedra (a acción xudicial contra ENCE)
19,30 h. Proxección Audiovisual sobre Os Praceres do documentalista Lukas Santiago
20:30h. Fin da sesión da I Xornada
SESIÓN SÁBADO 1 DE ABRIL
11,00 h. Mesa redonda 3.- Hai alternativas: recuperar a ría é posible
Interveñen:
- Carmen Moreira. Concelleira de Marea Pontevedra
- Gonzalo Rodríguez. Profesor de Economía da USC
- Daniel Pino. Sociologo e Urbanista
- Luís Villares. Portavoz de En Marea
13,00 h. Roteiro da vergoña
Ruta ‘turística’ percorrendo as agresións a Ría en Lourizán -ENCE-Elnosa, EDAR, Stralextric e paso a nivel pola praza dos Praceres, Recheos do Porto de Marín.
Unha Ría saneada é un tesouro. Un novo tempo para pontevedra.
EVOLUCIÓN DA RÍA DE PONTEVEDRA