Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

DÍA DA GALIZA MÁRTIR: Homenaxe nacional a Alexandre Bóveda en Pontevedra.

Agosto 17//12:00 p.m. - 2:00 p.m.

84594791-3e18-4604-820e-4b2d924372a6

Este ano cúmprense 81 anos da execución na Caeira, o 17 de agosto de 1936, do líder galeguista e da Fronte Popular Alexandre Bóveda Iglesias. A súa morte por fusilamento, despois do consello de guerra no que foi condenado pola xustiza dos militares que se alzaron contra a legalidade constitucional da República, foi considerada polo exilio galego en América como un feito sempre a lembrar polas xeracións futuras como o “Día da Galiza Mártir”.

O vindeiro xoves Marea Pontevedra, xunto con En Marea, celebrará o Día da Galiza Mártir cun acto en homenaxe a Alexandre Bóveda asasinado no 1936 polas tropas fascistas en Pontevedra. O acto terá lugar ás 12 horas nas escaleiras de Facenda de Pontevedra, nos xardíns da Ferreira, lugar emblemático e cargado de simbolismo, onde Alexandre traballou no deseño dunha facenda auténtica galega.

Esta homenaxe pretende servir de lembranza a aqueles demócratas, republicanos e galeguistas, que pagaron coa súa vida a defensa da lexitimidade democrática da II República e o mantemento da dignidade do noso Pobo. Manter viva a memoria dos que morreron -e de quen os mataron- é de xustiza para poder avanzar en democracia e na defensa dos dereitos cívicos e nacionais da maioría social hoxe agredidos duramente pola estafa da crise provocada polas políticas dos gobernos español e galego ao servizo do capital financeiro.

O acto contará coa participación do voceiro de En Marea, Luís Villares, que ofrecerá o discurso de Homenaxe e tamén coas intervencións de Luís Rei, Carlos Aymerich, e Ánxeles Cuña. O acto será presentado por Peque González en nome da Marea de Pontevedra. A violinista Tatiana Cidrás interpretará unha das pezas que Bóveda cantaba na polifónica.

Details

Date:
Agosto 17
Time:
12:00 p.m. - 2:00 p.m.

Organizer

Marea Pontevedra
Website:
mareapontevedra.org

Venue

Praza da Ferrería. Escaleiras de Facenda
Spain + Google Map