En Marea defenderá a inclusión das demandas de Pontevedra nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2019

DEMANDAS DE MAREA PONTEVEDRA ORZAMENTOS XUNTA DE GALICIA 2019

MELLORAS PARA AS PERSOAS:

ESCOLAS INFANTÍS:

En Pontevedra, máis do 50% de nenas e nenos menores de 3 anos quedan sen praza nas escolas infantís públicas. Resulta evidente a necesidade de ampliar a oferta e formular a creación de novas escolas.

RESIDENCIAS TERCEIRA IDADE:

Nunha situación similar á das escolas infantís, Pontevedra ten un gran déficit na oferta de prazas. No Concello de Pontevedra unicamente hai aberta unha residencia de maiores de xestión pública, con 136 prazas.

Seguindo a recomendación da OMS, para as 19.065 persoas maiores de 65 anos residentes en Pontevedra precisaríamos 953 prazas. Mesmo comparando coa ratio galega, Pontevedra tería que ter 581 prazas. A día de hoxe, sumando as prazas públicas e as privadas, temos só 1,75 prazas por cada cen maiores de 65 anos.

TRANSPORTE PÚBLICO:

Outra das demandas históricas da cidade. Pontevedra segue a ser a única das sete grandes cidades galegas que non conta cunha rede de transporte público.


MELLORAS EN INFRAESTRUTURAS:

RECUPERACIÓN INTEGRAL DA RÍA:

A recuperación dun espazo natural único, como pode ser a instalación de microdepuradoras que permitan un saneamento efectivo das augas. E consúmase un novo agravio comparativo coas veciñas e vecinos de Lourizán, coa ampliación da EDAR dos Placeres, rexeitada polo pleno da corporación municipal.

SANEAMENTO NO RURAL:

Pontevedra segue sen conectar a totalidade das vivendas á rede de saneamento. Rede que segue baseándose no entubamento no lugar de depuración.


MELLORAS NA INFORMACIÓN Á CIDADANÍA:

DELEGACIÓN DA CRTVG:

Apertura da delegación da CRTVG en Pontevedra, única capital de provincia galega sen este servizo.

CENTRO QUÉROTE+:

Os centros Querote+ dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado son espazos de asesoramento e información á mocidade sobre todo en materia afectivo sexual e adiccións. Contan con profesionais especializadas, psicólogas, traballadoras sociais, educadoras sociais, enfermeiras… que realizan consultas tanto presenciais, telefonicas, on-line e mesmo por mensaxeria instantánea (WhatsApp e Telegram).

O Concello de Pontevedra non conta cun centro Querote+ sendo a única cidade galega que non ten un servizo de asesoramento en materia afectivo sexual co que contan Vigo, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense. Percíbese ademais un agravio comparativo con vilas galegas que contan co servizo Querote+ con cita telefónica coma o que se realiza en Betanzos, Carballo, Chantada, Curtis, Lalín, Noia, Pontedeume, Tui, Vilagarcía, Vilalba e Viveiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*