En marcha as primarias de Marea Pontevedra

A XXIV Asemblea Xeral de Marea Pontevedra ven de abrir a segunda fase das primarias para elixir a candidatura das eleccións municipais do 2019.

O proceso finalizará o vindeiro mércores 31 de outubro e coa publicacións dos resultados ás 22:00h.


CONVOCATORIA DAS PRIMARIAS:

A XXIV Asemblea Xeral de Marea Pontevedra abre a segunda fase das primarias para elixir a candidatura das eleccións municipais do 2019 no marco da convocatoria fixada pola súa XXI Asemblea Xeral do pasado 13 de decembro de 2017 e regulada polo seu regulamento de primarias.

  1. Obxecto

É obxecto desta convocatoria, toda vez elixido o candidato á alcaldía, elixir a candidatura desde o posto 3º ao 10º da lista electoral con que Marea Pontevedra concorrera ás próximas eleccións municipais de maio de 2019.

Pola relevancia destas eleccións, a necesidade de abrir un maior espazo político e electoral e competir pola alcaldía da cidade, a asemblea reserva  a posibilidade de que o posto número 2 da súa lista electoral sexa ocupado por unha persoa de relevancia política e social que no seu momento someterase a ratificación das inscritas de Marea Pontevedra.

O resto da lista (do posto 11 ao 25) así como os suplentes será aprobada, a proposta da coordinadora xeral, nunha asemblea posterior a este proceso de primarias atendendo a criterios de idoneidade, xénero, idade e representación social e parroquial.

  1. Fórmula de elección

A fórmula de elección, atendendo ao regulamento de primarias de Marea Pontevedra, farase en votación presencial e electrónica nunha única lista con todas as persoas que se candidaten (ordenada por orde alfabética).

A votación farase votando cada inscrito/a como máximo seis candidatas, sendo as persoas con maior número de votos aquelas que ocupen os postos da lista de arriba cara abaixo desde o 3º ao 10º coa única corrección do equilibrio de xénero.

  1. De dereito a elixir e ser elixible

Atendendo ao regulamento de primarias de Marea Pontevedra pode candidatarse calquera persoa inscrita que estea avalada por tres inscritas.

De igual xeito so poderán ter dereito a votar aquelas persoas inscritas no censo da Marea antes do peche do censo ao inicio do proceso electoral das primarias 2019: 5 de febreiro de 2018.

  1. Do proceso electoral e do calendario

Correspóndelle á Comisión Electoral rexer o proceso electoral fixar o calendario, dar validez ao censo, así como resolver conflitos e dúbidas que poidan xurdir e velar pola neutralidade do mesmo atendendo aos acordos de Marea Pontevedra e ao regulamento de primarias.


CALENDARIO:

Xoves, 18 de outubro

  • Apertura do prazo para consulta persoal, e subsanación de erros e omisións do censo.
  • Apertura do prazo, ás 20,00 horas,  de presentación de candidatas/os. (formulario + 3 avais)

Mércores, 24 de outubro

  • Remate presentación de candidaturas, ás 20,00 horas

Xoves, 25 de outubro

  • Proclamación de candidaturas

Venres, 26 de outubro

  • Subsanación erros
  • Encontro con candidatos

Domingo 28 de outubro

  • Inicio da votación electrónica (desde as 0,00 horas do 28 de outubro, ás 20,00 horas do 30 de outubro).

Mércores 31 de outubro

  • Xornada Electoral de votación de urna, entre as 11,00 horas e as 21,00 horas.
  • Proclamación dos resultados ás 22,00 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*