Ditaminada favorablemente a moción de Marea Pontevedra para soterrar a liña de alta tensión de Monte Porreiro

Luís Rei: “A nosa proposta de soterrar a liña é unha petición recurrente dos veciños nas xuntanzas que mantivemos. Estamos moi satisfeitos de comezar a reparar unha débeda da cidade co seu barrio máis poboado”.

A moción presentada por Marea Pontevedra foi ditaminada positivamente na comisión de mobilidade, infraestruturas, obras e servizos co voto a favor de todos os grupos políticos, algo que agradeceu Luís Rei:  Congratulámonos polo apoio dos grupos a esta proposta que mellorará dun xeito notorio a calidade de vida dos veciños de Monte Porreiro.

Con respecto a PNL presentada polo BNG o portavoz de Marea Pontevedra valorou positivamente  a capacidade de marea de ser unha oposición útil e influír no grupo de goberno: É unha nova positiva para Pontevedra que recollemos con certa dose de sorpresa, pois aínda o 3 de febreiro o alcalde, Fernández Lores,  e o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, mantiveron unha xuntanza na que non estivo presente este tema.

A Lei 54/1997 do “Sector Eléctrico” non resolveu os problemas da proliferación de infraestruturas eléctricas, polo que está pendente un cambio normativo a respecto das liñas de alta tensión (LAT), subestacións e transformadores que considere o “principio de precaución”, minimice as emisións electromagnéticas e aumente as distancias de seguridade. Iso debe traducirse, necesariamente, en conducir as liñas de alta tensión por lugares deshabitados, no agrandamento dos corredores das liñas de transporte de enerxía eléctrica e mais no deseño de sistemas de distribución.

A Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro (IARC) inclúe os campos electromagnéticos (CEM) de baixa frecuencia como posible axente canceríxeno. Porén, en Monte Porreiro os cables de alta tensión, en pleno 2017, aínda sobrevoan edificios habitados, espazos de lecer e mesmo parques infantís.

photo_2017-02-14_15-06-06 photo_2017-02-14_15-06-08

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*