Carmen Moreira: ‘A ordenanza da Renda Social Municipal é unha victoria de Marea Pontevedra’

Herminia Dios: Non podemos estar mais que orgullosas que a nosa contribución sirva para garantizar dereitos sociais as 200 familias do noso concello para poder facer fronte dun xeito digno ás necesidades vitais.

A Renda Social Municipal está máis preto de ser unha realidade en Pontevedra case dous anos despois desde que Marea Pontevedra introduxo por primeira vez esta política no orzamento (23.10.2016). A ordenanza que a regulará foi presentada hoxe na comisión de Benestar Social e debatirase no pleno do 16 de novembro do Concello de Pontevedra. 

A concelleira de Marea Pontevedra, Carmen Moreira, e a coordinadora do grupo municipal, Herminia Dios, compareceron ante os medios ao remate da comisión para manifestar, pese ao retraso producido pola ineficacia do equipo de goberno, o orgullo de Marea Pontevedra de contribuír a mellorar a calidade de vida de máis de 200 familias da cidade.

Carmen Moreira amosou a súa ledicia despois de tanto tempo insistindo nun asunto crucial e central da axenda de Marea Pontevedra: Hoxe alegrámonos de que o camiño desta ordenanza vaia estando mais despexado. Non podemos esquecer a demora e a xestión neglixente deste goberno, estamos a piques de cumprir 2 anos do acordo político no que se comprometían a poñela en marcha. É un logro de Marea Pontevedra, foi unha proposta nosa e levamos case 2 anos pelexando para que saia adiante e poder atender as familias deste concello que peor o están a pasar.

Herminia Dios, analizou a falta de dilixencia do goberno que impide que ata o de agora esta política, tan necesaria para as familias que peor o están pasando, non sexa aplicada na cidade:  “O bloque ten o corazón de pedra. O atraso que leva a tramitación desta ordenanza so amosa a xestión total e absolutamente ineficaz do equipo de goberno e seren moi insensibles coas familias que peor o están pasando. Non podemos estar mais que orgullosas de que a nosa contribución sirva para garantizar dereitos a 200 familias do noso concello, posibilitando unha vida digna coa cobertura das súas necesidades básicas.

CRONOLOXÍA DA RENDA SOCIAL MUNICIPAL

08.11.2016 Proposición GM Marea ao pleno para instaurar unha  RSM: dictaminada favorablemente
23.11.2016 Pleno orzamentos: asúmea o Bloque como unha das seis emendas, pendente da primeira modificación de crédito
30.3.2017 GM. Marea envíalle a concelleira responsable un borrador de ordenanza.  Non hai resposta
12.4.2017 Co noso voto o pleno aproba a modificación de crédito: 400.000 euros
25.4.2017 Reenvíaselle á nova concelleira responsable o borrador de ordenanza
16.7.2017 O Bloque propón modificar a Ordenanza de Emerxencia Social (aduce que axiliza a tramitación). O servizo achéganos un borrador que, na asesoría xurídica, se nos dí que, en efecto, mellora os supostos da emerxencia, mais non permite unha renda entendida como cantidade fixa, mensual e non finalista. Pedimos, ao non ter resposta sobre o noso borrador, que se propoña un borrador da nova Ordenanza de Renda Social (xa que non se estimou o noso).
25.10.2017 O concello solicita á Xunta de Galicia un informe sobre posible duplicidade da Renda Social Municipal (coa Risga).
13.11.2017 A Xunta responde que non incorreríamos en duplicidade. Tarda tres semanas, e inclúe resposta das consellerías de Política social, Facenda e Presidencia).
12.12.2017 Inicio formal do procedemento de elaboración da ordenanza de R.S: Trámite da consulta pública a través da páxina web do Concello para recabar opinión da cidadanía e organización afectadas pola elaboración da nova ordenanza.
15.12.2017 No pleno aprobamos a reforma da Ordenanza de Emerxencia (publícase no BOPP do 26.2.2018).
20.2.2018 O GM Marea reclámalle novamente a Concelleira o borrador da Ordenanza da Renda, que se comprometerá a presentar en xullo do 2017 (Reitérease a petición verbalmente cada semana. Sempre dí que para a semana seguinte estará)
28.3.2018 O GM Marea reitera por escrito a petición do borrador de Ordenanza, para que pase por comisión e poida ir ao pleno de abril.  O pleno será na o 13.4.2018, e o tema segue sen ir
19.04.2018 Elaboración de proposta de Ordenanza de RS a cargo de servizo de benestar social
25.4.2018 Elaboración da memoria da Ordenanza R.S. a cargo do servizo de benestar social
16.5.2018 Elaboración do informe asesoría xurídica
21.6.2018 Informe do Órgano de Xestión Orzamentaria e Contabilidade (OXPC)
22.6.2018 Dilixencia de intervención
28.6.2018 O GM Marea solicita por escrito o acceso ao expediente de tramitación da ordenanza da RS. Deron acceso o 3 de xullo.
03.7.2018 Informe do servizo a inicio de expediente de gasto (Bases 9.4 e 51)
04.09.2018 Informe de Intervención con observacións a ter en conta.
13.09.2018 Comisión de Benestar Social para facer achegas ao borrador de proposta de ordenanza de Renda Social Municipal
25-10-2018 A xefatura do servizo de Benestar Social emite informe sobre as contribucións ao texto do borrador da ordenanza da Renda Social Municipal por parte do Grupo Municipal de Marea Pontevedra.
31.10.2018 A Comisión de Benestar Social do Concello de Pontevedra ditamina favorablemente a ordenanza de Renda Social Municipal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*