Carmen Moreira: A cidadanía de Pontevedra non pode agardar máis pola Renda Social Municipal

O atraso da ordenanza supón que moitas veciñas teñan dificultades para ver garantidos os seus dereitos básicos.

As persoas son o valor central da sociedade e, no seu beneficio, trabállase desde o individual ao colectivo, e viceversa, na procura da maior calidade de vida da cidadanía. Por iso hai que investir nas persoas, sobre todo naquelas empobrecidas e excluídas socialmente para garantir o dereito a vivir con dignidade.

A renda social é unha prestación económica para facer fronte dun xeito digno ao pago de necesidades básicas e ten como finalidade modificar situacións de necesidade como apoio á inclusión social. O orzamento do Concello de Pontevedra recolleu por primeira no ano 2017, a proposta de Marea Pontevedra, unha partida de gasto de 400 mil euros para a creación dunha Renda Social Municipal encamiñada a facilitar a vida de máis de 100 persoas que atravesan unha situación complicada. Para este 2018 o orzamento, tamén a proposición de Marea Pontevedra, unha cantidade de 425 mil euros. O certo é que unha vez o colectivo cidadá fixo os deberes, o equipo de goberno segue sen resolver unha das políticas máis necesarias e urxentes da cidade.

A Concelleira de Marea Pontevedra, Carmen Moreira, manifestou a súa preocupación por un atraso que provoca que moitas familias da nosa cidade teñan dificultades para comer ou para pagar a luz: ‘Esta prestación garante dereitos elementais e cubre necesidades básicas a moitas persoas. O atraso coa aplicación é unha irresponsabilidade política que agardamos sexa resolta o antes posible. As veces semella que esquecen que traballan con e para as persoas que xa non poden máis’.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*