As xornadas ”para que nos serve a Ría?” rematan cun roteiro polas agresións da Ría de Pontevedra

A segunda sesión contou cun roteiro polas agresións que padece a Ría cunha mesa de debate na que participaron a concelleira de Marea Pontevedra, Carme Moreira, o sociólogo e urbanista, Daniel Pino, o economista Gonzalo Rodríguez e o voceiro do Grupo Parlamentar de En Marea, Luís Villares.

Carme Moreira acolleu unha mesa centrada nos beneficios económicos, sociais e ambientais que provocaría unha recuperación integral da Ría de Pontevedra. A concelleira, veciña de Lourizán, fixo un percorrido pola historia. Narrou ás asistentes as sucesivas actuacións que foron estragando o modelo económico autóctono: “ Unha economía democrática cun potencial enorme que non estamos aproveitando”. Tamén enumerou os procesos xudiciais que dan a razón os veciños e están incumpridos “Nos últimos anos unha morea de denuncias xudiciais e recursos convierte o litoral de Lourizán, nunha das zonas más conflictivas para os tribunais de Xusticia en materia administrativa e urbanística de Galicia, con máis de dez procesos gañados nos mais altos tribunais”.

Acto seguido Gonzalo Rodríguez  falou do que supón o cultivo intensivo de eucalipto para Galicia e lembrou que as rías galegas son un dos ecosistemas con maior productividade do planeta: “Ningunha comunidade gasta tanto como Galicia en medidas contra incendios forestais. Precisamos como mínimo unha moratoria na plantación de eucaliptos”

Daniel Pino, que “aprendeu a nadar nunha Praia que a non existe por culpa de ENCE”, indicou novamente a necesidade que ten  Pontevedra dun PXOM que axudaría a recuperar o litoral de Pontevedra: “Co PXOM teriamos unha ferramenta contra ENCE situar o Pazo Montero Rios como un Central Park dunha area urbana”

Por último Luís Villares quixo recoñecer a loita social levada a cabo nos Praceres e defender un novo modelo de xestión de Ría. O voceiro destacou que un ben natural é patrimonio de todos. Así, denuciou que ningunha empresa non pode apropiarse da Ría de Pontevedra para un uso privativo:  “Hai bens aos que non se pode renunciar individualmente porque son bens colectivos”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*