O NOSO CONTRATO COA XENTE
Chegou a hora de que o Concello se abra definitivamente á cidadanía, mellorando os seus estándares de transparencia a participación.
Chegou a hora de atender a situación de pobreza e exclusión social de moitas familias pontevedresas que non poden satisfacer dignamente as necesidades básicas.
Chegou a hora de que Pontevedra valore as súas orixes, recuperando a súa fachada litoral e lanzando unha ofensiva para a recuperación integral da ría e os ríos.
Chegou a hora de garantirmos a accesibilidade universal e darmos un impulso definitivo á mobilidade, collendo o bus e aumentando o Carril-bici.
Chegou a hora de axudar as familias, incrementando as prazas de escolas infantís e de residencias para persoas maiores, e a hora da aposta por un modelo de vida saudable e da promoción do deporte de base.
Chegou a hora de entendermos a cultura en toda a súa extensión e de recuperar a Memoria do noso pasado máis próximo.
Chegou a hora de rescatar para a xestión pública servizos básicos na vida das persoas.
A HORA DOS BARRIOS
- Converter o peirao das Corvaceiras no punto de encontro entre a cidade e o litoral, a través da Praza do Mar.
- Realizar a conexión das zonas urbana e rural do Paseo dos Gafos, buscando unha solución ao chabolismo da rúa Otero Pedrayo.
- Abrir o tramo final da rúa Ernesto Caballero, nun plan de melloras para o Castañal.
- Resolver satisfactoriamente, buscando o acordo coas plataformas de afectados, a instalación de crematorios na cidade.
- Abrir e integrar na trama urbana os xardíns da UNED.
- Mellorar a sinalización en Monte Porreiro.
- Crear en Monte Porreiro unha oficina de servizos sociais cun mínimo de dúas traballadoras sociais a xornada completa.
- Incrementar os efectivos de limpeza urbana en Monte Porreiro, inventariando as parcelas en estado de abandono e poñendo en marcha un plan de limpeza anual.
- Crear unha rede de sendeiros peonís que conecten os principais espazos públicos de Monte Porreiro.
- Recuperar e mellorar as zonas deportivas municipais, as pistas ao aire libre e o pavillón do colexio de Monte Porreiro.
- Ampliar os aparcadoiros nas proximidades do Centro de saúde e do campo de fútbol de Monte Porreiro.
- Retirar os composteiros en desuso e mal estado, e abrir un proceso de diálogo coa veciñanza en materia de xestión de residuos.
- Recuperar as instalacións da escola taller de Monte Porreiro, en estado de avanzado deterioro.
- Crear un grande aparcadoiro entre a rúa Leonardo Enríquez e a Avenida de Compostela, que permitiría liberar o espazo da Avenida da Coruña anexo a Pasarón e recuperalo como praza central de barrio do Burgo.
- Impulsar unha obra de reforma urbana integral no barrio da Seca, creando na cuberta das vías do tren zonas deportivas de lecer.
- Artellar unha boa comunicación entre A Seca e Valdecorvos.
- Realizar unha reforna completa das rúas Ponte Nova e Peña Nieto, renovando a pasarela de madeira na ribeira dos Gafos e transformando o espazo da antiga tinturería.
- Impulsar a peonalización da Ribeira dos Peiraos, respectando un espazo para aparcadoiros e mellorando a contorna e o parque infantil.
- Crear unha gran praza na rúa Xeneral Rubín, dentro do proxecto de integración dos pavillóns militares na trama urbana.
- Abrir unha senda peonil que comunique na ribeira do Gafos as rúas Xeneral Rubín con Rosalía de Castro.
- Crear un novo espazo verde de descanso sobre o río á altura da rúa da Tablada.
- Abrir a rúa Manuel Cuña cara á rúa da Carqueixa.
- Impulsar a dotación de traída municipal de augas ás casas unifamiliares da Parda que na actualidade carecen deste servizo.
- Crear un novo aparcadoiro disuasorio na rúa Maruxa Mallo, con melloras de accesibilidade e iluminación nas zonas deportivas e de xogos infantís.
- Renovar os xardíns en Santa Teresa de Jesús Jornet, acondicionando a praza e dándolle accesibilidade coa cuberta do tren.
- Inventariar e catalogar as parcelas en estado de abandono na zona da Parda, poñendo en marcha un plan de limpeza anual.
- Ensanchar, construír muros e asfaltar a rúa Estrigueiras e Fonte Santa.
- Retirar os valados publicitarios na ribeira urbana do río dos Gafos.
- Reformar as prazas do 8 de Marzo e dos Maios, para aproveitar máis axeitadamente estes espazos no barrio de Eduardo Pondal.
- Abrir unha rúa peonil entre Eduardo Pondal e a Avenida de Vigo.
- Reformar a Rúa Casimiro Gómez e humanizar a rúa Luís Amado Carballo coa conservación dun espazo de aparcadoiro.
- Dotar dunha zona de xogos infantís a Praza dos Canos.
- Reformar os xardíns da confluencia de Joaquín Costa con 12 de Novembro, dotándoos de mobiliario e zonas de estancia con sombra.
- Abrir na súa totalidade a rúa da Feira, para enlazar a Praza de Barcelos coa Rúa Lepanto.
A HORA DAS PARROQUIAS
- Impulsar un viveiro de empresas para as parroquias, poñendo en valor o monte e o agro como bens comúns.
- Delimitar unha franxa de seguranza de 50 metros arredor das vivendas e núcleos rurais, incorporando plantacións que sirvan de barreira ao lume.
- Crear o servizo de Centros de día para persoas maiores nas parroquias de Pontevedra.
- Transformar espazos públicos en lugares de socialización da veciñanza.
- Estender a rede de saneamento a todas as casas do termo municipal.
- Aumentar os puntos de recollida selectiva nas parroquias.
- Xestionar diante das administracións competentes en telecomunicacións o cumprimento da lexislación coa finalidade de que se garanta un axeitado servizo de internet.
- Contratar persoal para a creación de varias brigadas de limpeza de cunetas e gabias en pistas municipais.
Lérez
- Adquirir un terreo onde habilitar un aparcadoiro para o centro de saúde de Lérez.
- Ensanchar e asfaltar o camiño do Ramallás.
- Construír beirrarúas na ronda da Ponte das palabras ata a estrada de Santiago.
- Crear unha praza pública na rúa médico Ballina, incluíndo unha zona de xogos infantís.
- Habilitar melloras de mobilidade con sendas e beirarrúas entre núcleos de poboación, o colexio e na contorna cara a cidade.
Campañó
- Asfaltar os camiños: de Ferreiros-Sabarís; Cochón-Piñeiro; e Barragáns.
- Negociar con outras administracións melloras da mobilidade peonil nas proximidades da estrada de Vilagarcía e da autoestrada.
Cerponzóns
- Xestionar en colaboración con Augas de Galicia a limpeza das marxes do Río Rons,e exixir un axeitado respecto aos seus caudais ecolóxicos.
- Solicitar a xestión do tramo da antiga estrada de Santiago, en Cerponzóns, para restaurar a Ponte Malvar e poñela en valor.
- Asfaltar e mellorar a pista de Casaldarado a O Bravo e a Costa.Arranxar o tellado, realizar unha reforma interior conforme ás necesidades da comunitarias da parroquia e dotar dun aparcadoiro ao centro social de Pidre.
- Negociar con Fomento melloras de mobilidade na N-550 que inclúan a construción de rotondas, de beirarrúas e algunha zona de paso con semáforo.
Mourente
- Dotar de abastecemento de auga de xeito urxente a todas as casas de Mourente que carecen dunha traída comunal e que están preto da trama urbana.
- Habilitar melloras de mobilidade con sendas e beirarrúas entre núcleos de poboación, o colexio de Vilaverde e na contorna cara a cidade.
Bora
- Asfaltar a pista que comunica Bora con Mourente pola Corval.
- Restaurar a Antiga Escola do Pío e convertila nun centro sociocomunitario e de iniciativas económicas para as parroquias.
Xeve
- Habilitar melloras de mobilidade con sendas e beirarrúas entre núcleos de poboación de Santo André de Xeve, con especial atención á estrada de Campo Lameiro.
- Potenciar as contornas do río Lérez nesta parroquia (pequena praia fluvial, conservación de carballeiras e da ponte colgante…)
- Mellorar o aproveitamento dos centros socio comunitarios do Teleclube, Couso e Fragoso por e para a veciñanza.
- Mellorar a contorna da igrexa de Santa María de Xeve, con dotación de mobiliario e zonas de descanso.
- Xestionar a apertura dos baños públicos do antigo Concello de Xeve os domingos e festivos.
- Mellorar a dotación de medios para a conservación da senda e Parque de Lobada e Fens.
- Continuar a senda do río ata o seu encontro coa senda do Lérez.
- Habilitar melloras de mobilidade con sendas e beirarrúas entre núcleos de poboación.
Verducido
- Xestionar diante da Xunta de Galicia a continuidade da escola infantil.
- Dotar de medios para a conservación do parque forestal do Pontillón e das restantes zonas de lecer da parroquia (parque da igrexa, Gabai…).
- Facilitar un mellor uso e aproveitamento do Centro do Pontillón por parte da veciñanza.
Salcedo
- Asfaltar a pista de A Cancela – A Fonte.
- Realizar seguimento, coordinación e supervisión das actividades que se desenvolven no centro socio-cultural e espazos deportivos municipais en colaboración coas entidades e asociacións da parroquia.
- Mellorar o alumeado nos núcleos de poboación.
- Restaurar o lavadoiro do Roldón.
- Repoñer a sinalización en avanzado estado de deterioro.
Tomeza
- Dignificar a contorna de San Cibrán, en estado de abandono avanzado.
- Mellorar do aparcadoiro a carón da igrexa.
- Remodelar o parque de Casal do río coa dotación de novas instalacións deportivas.
- Facer accesible o centro socio-comunitario de Lusquiños.
- Arranxar o lavadoiro de Lusquiños e crear un aparcadoiro.
Marcón
- Dotar de pequenas zonas de xogo infantil os núcleos de Marcón.
Alba
- Asfaltar pista da Devesa-Lampreeira-Bispo.
- Negociar unha axeitada mobilidade para a veciñanza na obra da variante de Alba.
- Arranxar a Fonte Barbeita.
Lourizán
- Crear o Parque da dignidade.
- Xestionar a apertura dunha pista entre Martín Raxo-Comboa.
- Impulsar canda outras administración a recuperación do Pazo de Montero Ríos e o seu arborado.
- Dotar Os Praceres dun centro sociocultural.
Ponte Sampaio
- Asfaltar e ensanchar o camiño da Rabaleira.
- Restaurar e mellorar o mantemento dos parques infantís.
- Negociar con Augas de Galicia a limpeza do río Verdugo.
A Canicouva
- Mellorar a contorna do campo da festa.
- Construír un parque infantil na Canicouva.
- Mellorar o programa de actividades do Centro Social.
- Axudar a mellorar o abastecemento comunitario de auga de Cacheiro.
A HORA DO TERRITORIO, A VIVENDA E A MOBILIDADE
- Mancomunar con Poio servizos como o transporte, o abastecemento de auga ou os bombeiros, nunha aposta por unha colaboración cada vez maior entre ambos concellos.
- Crear unha empresa pública que promova unha primeira liña de autobuses urbanos e xestione tamén os aparcamentos públicos e o guindastre.
- Adherir o Concello ao Plan de Transporte Público Metropolitano de Galicia, implantando a tarxeta “Xente Nova”.
- Retomar o proceso de redacción e posta en marcha dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Crear unha Empresa Municipal de Vivenda.
- Destinar o 20 por cento da edificabilidade en solo urbano a algún réxime de vivenda de protección pública nos edificios de nova construción.
- Elaborar un regulamento de vivendas turísticas que evite a especulación nos alugueres.
- Impulsar unha Área de Rexeneración e Rehabilitación Urbana do barrio da Moureira.
- Reformar o barrio de Mollavao e rehabilitar o edificio da Central eléctrica.
- Recuperar os espazos da Xunqueira de Alba ocupados por naves e desenvolver o Espazo Natural de Interese Local.
- Instar o Ministerio de Fomento á paralización da A-57.
- Emprazar á Xunta de Galicia á elaboración dunha alternativa á EDAR dos Praceres.
- Traballar coordinadamente coas outras administracións e a empresa polo traslado negociado de ENCE.
- Instar o Tribunal Supremo á execución subsidiaria da eliminación dos pasos a nivel na praza dos Praceres.
- Instar o Tribunal Supremo a delimitar os recheos do Porto de Marín que, en execución de sentenza firme, deben ser demolidos.
- Impulsar unha Ordenanza municipal de accesibilidade universal, participada entre as diferentes asociacións do concello e os técnicos municipais.
- Suprimir as barreiras arquitectónicas no ámbito público e privado.
- Impulsar o sistema de “Bonotaxi”, reservado a persoas con mobilidade reducida, diversidade funcional e dependentes.
- Multiplicar por dous os quilómetros de Carril-bici.
- Elaborar un Plan estratéxico contra o cambio climático.
- Impulsar a instalación de electrolineras.
A HORA DE RELANZAR A ECONOMÍA
- Impulsar con outras administracións novos solos industriais no termo municipal e na súa contorna.
- Reactivar o Consello Económico e Social, promovendo un plan que sirva para dotar o concello dun modelo económico expansivo.
- Fomentar o cooperativismo e a economía social.
- Sumar o Concello á Rede Eusumo da Xunta de Galicia.
- Poñer en marcha un Plan de emprego para a mocidade.
- Crear no Concello un servizo de fomento do emprego que xestione recursos propios e capte fondos europeos, do Goberno e da Xunta.
- Facilitar a axilización dos trámites de licenzas de creación de empresas.
- Relanzar a Praza de Abastos, para convertela de novo no principal foco de actividade comercial da Zona Monumental.
- Reformular a empresa Turismo de Pontevedra, de carácter público, con máis recursos e un plan de desenvolvemento do sector, impulsando o turismo accesible e de calidade como motor económico.
- Realizar un estudo técnico, xurídico e económico que culmine no vindeiro mandato coa xestión directa do servizo de recollida de lixo.
- Rescatar a xestión directa a cargo do concello do Servizo de axuda no fogar.
- Negociar cos representantes sindicais a Relación de Postos de Traballo, reforzando servizos con escaseza de persoal (Brigadas, Servizos sociais).
- Instaurar para o persoal do Concello a carreira profesional.
A HORA DA XUSTIZA E A COHESIÓN SOCIAL
- Desenvolver a Renda social municipal, aprobada polo Concello a instancia de Marea Pontevedra.
- Incrementar as partidas para actuacións de protección social.
- Elaborar un Plan integral de Benestar social (para as persoas en situación de pobreza, minorías étnicas ou maiores sos, con medidas de discriminación positiva).
- Incrementar o número de persoal técnico e reestruturar a organización técnica dos servizos sociais, integrándoos nunha unidade interdisciplinar de intervención social.
- Abrir un Albergue municipal para persoas sen fogar.
- Adoptar medidas que leven á erradicación do chabolismo e a infravivenda.
- Desenvolver un plan contra a pobreza enerxética.
- Incrementar a achega económica do convenio coa FANPA para a xestión dos comedores escolares, estendendo estes aos centros de ensino secundario públicos.
- Combater o fracaso escolar, ofrecéndolles un apoio especial aos nenos da comunidade xitana.
- Formar os traballadores do Concello en como atender e axudar as persoas con diversidade funcional.
- Impulsar un plan de emprego para persoas con discapacidade nos servizos privatizados do concello, que inclúa cláusulas de contratación na adxudicación dos servizos.
- Instalar sinais de fácil comprensión ou pictogramas, que lles permitan ás persoas con diversidade funcional saber onde se atopan.
- Facer unhas festas (cabalgatas, pasarrúas e concertos) máis inclusivas, con espazos seguros e accesibles e baños tamén accesibles para permitir a participación de todas as persoas.
- Respectar nas obras de reforma urbana a accesibilidade e seguranza das persoas con diversidade funcional.
- Garantir camiños accesibles e seguros, con guías de referencia e controlando que os respecten o resto de peóns e vehículos.
- Incrementar a instalación de semáforos acústicos.
- Ampliar as horas do servizo de intérprete de Lingua de Signos.
- Instalar bucles magnéticos para persoas xordas en espazos municipais.
- Ampliar o sistema especial de pagamento do IBI urbano, con bonificación para as familias numerosas.
- Salvar o Asilo para convertelo nunha residencia de maiores homologada e pública.
- Defender o mantemento do uso exclusivamente sanitario e da xestión pública do Hospital Provincial.
- Impulsar o Consello de Saúde Municipal.
- Instar ao Goberno do Estado á desafectación da subdelegación de Defensa para convertela nunha Escola infantil municipal.
- Instar á Xunta de Galicia a tramitar a transferencia do colexio Salvador Moreno á rede de centros públicos da Consellería de educación.
- Elaborar participadamente cos colectivos feministas e cidadáns un Plan municipal de loita contra as violencias machistas.
- Restruturar e ampliar o persoal cualificado no Centro de Información da Muller.
- Habilitar Puntos Lila nas festas e eventos organizados ou nos que colabore o concello.
- Dotar o Concello dun Plan para a visibilización da igualdade e dos dereitos do colectivo LGTBI.
- Demandar a apertura dun centro Quérote+.
- Apoiar a posta en marcha de iniciativas de cooperación para o desenvolvemento en países empobrecidos.
- Participar activamente en alianzas e redes de cooperación para o intercambio de experiencias, no marco da FGAMP.
A HORA DA CALIDADE DE VIDA, DA MEMORIA E DA IDENTIDADE
- Crear o Consorcio dos Deportes, integrando a universidade e outras administracións, para potenciar a práctica deportiva de lecer e de elite.
- Activar de xeito preferente o fomento do deporte feminino.
- Construír unha Biblioteca pública municipal e crear Axencias de lectura nas parroquias.
- Aprobar unha Ordenanza municipal específica de protección animal e convivencia.
- Eliminar a subvención encuberta ás touradas.
- Optimizar o Pazo da Cultura, cunha renovación e posta ao día das súas instalacións e un plan de captación de patrocinios.
- Impulsar un evento artístico anual que irradie cultura e atraia visitantes.
- Activar as políticas de normalización lingüística, incrementando a partida para iso e consolidando e reforzando o servizo.
- Solicitar da CRTVG unha Delegación na cidade, ofrecéndolle como sede as dependencias municipais da Praza da Liberdade.
- Controlar e limitar a apertura de salóns de apostas.
- Eliminar de xeito definitivo calquera símbolo, homenaxe ou enxalzamento da ditadura do xeneral Franco.
- Convocar desde o Concello, e coa Fundación Alexandre Bóveda, unha celebración institucional aberta e plural do Día de Galiza Mártir.
A HORA DUN CONCELLO DA XENTE
- Redactar un novo Regulamento de participación cidadá que inclúaa intervención nos plenos de colectivos cidadás e regule o sistema de elección dos membros dos consellos parroquiais.
- Apoiar as entidades, colectivos e plataformas desde unha Concellería de Participación Cidadá que axude a dinamizar o asociacionismo.
- Establecer unha canle para que as persoas decidan directamente o destino dunha porcentaxe dos Orzamentos anuais do Concello.
- Impulsar o emprego de persoas con discapacidade nos servizos privatizados con Concello, incluíndo neses contratos coas empresas beneficiarias as cláusulas
- Dotar o Concello dun protocolo de Transparencia e boas prácticas.
- Elaborar e aplicar para o persoal do Concello un Plan de Igualdade.
- Supervisar e coordinar desde o concello a actividade dos centros sociocomunitarios e das instalacións deportivas.
- Recuperar o uso da totalidade da histórica Casa Consistorial.
- Dotar a Policía Local dunha sede definitiva, que remate con vinte anos de precariedade.
- Iniciar a negociación para a comarcalización do Parque de Bombeiros e dotalo dunha nova sede mellor adaptada as súas necesidades.
- Garantir unha maior presenza de efectivos da Policía Local nos barrios.