As mulleres de Marea Pontevedra reivindican na Casa da Luz unha Pontevedra con mirada violeta

As candidatas de Marea Pontevedra Teresa Casal e Peque González, acompañadas de Tareixa Ledo Regal e de Lidia Senra, candidata ao Parlamento Europeo por En Marea, mantiveron unha conversa entre mulleres na Casa da Luz.

A conversa desenvolveuse en torno a necesidade de enfocar con mirada violeta distintos aspectos que conforman a vida dun concello e que o goberno do bloque de Lores ten esquecido: mirada violeta nos espazos comúns das parroquias e da cidade, procurando elementos que faciliten a realización dos coidados, tarefa maioritariamente a cargo das mulleres. Mirada violeta na activación do deporte feminino desde os inicios, priorizando  desde o concello aos clubs que teñan categorías femininas e tendan á paridade entre homes e mulleres nos seus órganos de dirección e monitores. Mirada violeta nos eventos e festas, coa habilitación de Puntos Lilas nos que se atenda, informe e axude a vítimas de abusos e agresións sexuais. E con mirada violeta, elaborar xa, de xeito participado, un Plan municipal de loita contra as violencias machistas e ampliar o persoal cualificado no CIM.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*