Aprobadas no pleno a humanización da Rúa Cruz Vermella e a modificación do regulamento de verteduras

O pleno extraordinario de setembro do Concello de Pontevedra ratifica a modificación do regulamento de verteduras, aproba a modificación de crédito que permitirá executar a emenda de Marea Pontevedra para humanizar a Cruz Vermella e rexeita as medidas plantexadas polo seu voceiro, Luís Rei, para diminuír as horas de estacionamento nas zonas de carga e descarga e de servizos.

MEDIDAS PARA DIMINUÍR AS HORAS DE ESTACIONAMENTO NAS ZONAS DE “CARGA E DESCARGA”  E MAIS NAS “ZONAS DE SERVIZOS”

O obxectivo é gañar prazas de aparcamento libre e gratuíto. A medida non afecta ao centro histórico e contempla aumentar de 15 a 30 minutos o tempo de estacionamento nas prazas de servizos. Rexeitada co voto en contra do BNG e abstención do PSOE.

O avance do denominado “modelo de cidade”, en favor da convivencia coa mobilidade peonil e dos lugares de lecer e coa perda de espazo para a mobilidade motorizada, está reducindo os espazos públicos de estacionamento gratuítos en superficie. Para o voceiro de Marea Pontevedra, Luís Rei, é unha iniciativa que pretende paliar a eliminación de prazas  de estacionamento motivado polo modelo de cidade: ‘Pretendemos aliviar un pouco esta situación porque non ten sentido en carga e descarga manter o estacionamento ata as 9 da noite, pensamos que abonda con facelo ata as 7:30 ou as 8:00 da tarde, e o tempo de servizo tamén pode ampliarse de 15 a 30 minutos. O marco disto no Concello está establecido por unhas directrices e os horarios puxéronse nuns bandos, polo que debería ser relativamente sinxelo establecer as modificacións tamén a través duns bandos’.

Proposta de acordo:

-Instar a Xunta de Goberno Local a acortar o horario de estacionamento nas zonas de “carga e descarga” (agás no centro histórico), para ampliar as opcións de estacionamento libre e gratuíto.

-Instar á Xunta de Gobeno Local a acortar tamén o horario das “zonas de servizos”, ampliando nelas o límite de tempo, de 15 a 30 minutos.

Marea Pontevedra solicita medidas para axustar os horarios de estacionamento nas zonas de ‘carga e descarga’


URBANIZACIÓN DA RÚA CRUZ VERMELLA

Unha das emendas que fixo Marea Pontevedra aos orzamentos do Concello para este 2017, a urbanización da Rúa Cruz Vermella e da Praza da Castaña xa poderá, comezar a realizase despois de aprobarse en pleno a modificación de crédito necesario para tal fin. A reforma permitirá a integración desta rúa como un espazo máis da cidade para uso e disfrute da cidadanía.

20449101_1380182682089723_6589320309049072274_o

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 


REGULAMENTO DE VERTEDURAS

O regulamento de verteduras defendido por Luís Rei foi aprobado definitivamente e so obrigará a conectarse a rede a aquelas parcelas que teñan sumidoiro ou que se atopen a menos de 50 metros.

Proposta de acordo:

-Instar a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra a elaborar unha reforma do regulamento de uso e verteduras á rede de saneamento de Pontevedra.

-Instar a que no tecto resultante se modifique o artigo 31º apartado 2. Onde di: ‘A obriga establecida neste artigo só será esixible cando na vía pública á que teña fachada a parcela edificada exista un sumidoiro ou cando o houbese a unha distancia inferior a 100 metros’, propoñemos que reduza a distancia nunha proporción significativa que faga menos gravosa a obriga establecida nel para os veciños afectados e lle evite os agravios comparativos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*