A segunda fase das primarias de Marea Pontevedra elixe ao equipo que acompañará a Luís Rei nas eleccións de maio de 2019

O mandato das inscritas e dos inscritos configura a lista de Marea Pontevedra que aspirará á alcaldía do Concello de Pontevedra nas vindeiras municipais.  No proceso de elección, mediante primarias coa única corrección de xénero para ser unha lista cremalleira, participaron 107 persoas.

Para completar os 10 primeiros postos da lista soamente queda por escoller a persoa que ocupará o segundo. Pola relevancia destas eleccións, a necesidade de abrir un maior espazo político e electoral para competir pola alcaldía da cidade, a asemblea reservou  a posibilidade de que este posto fose ocupado por unha persoa de relevancia política e social que no seu momento someterase a ratificación das inscritas de Marea Pontevedra.

O resto da lista (do posto 11 ao 25), así como as suplentes, será aprobada, a proposta da coordinadora xeral, nunha asemblea posterior a este proceso de primarias atendendo a criterios de idoneidade, xénero, idade e representación social e parroquial.


RESULTADO DA SEGUNDA FASE DAS PRIMARIAS

  • Total de votos emitidos: 107
  • Total votos válidos: 101
  • Total votos non aceptados (nulos): 6

Tras o reconto e aplicando o regulamento das primarias establécese como lista da candidatura a seguinte:

  1. Luís Rei Núñez
  2. Manuel Fontán Bouzas
  3. Carmen González Novoa ‘Peque’
  4. Jaime Acuña Torres
  5. Herminia Dios Poceiro
  6. Guillermo Casalderrey Rivas 
  7. Alicia Fernández Moldes
  8. José Luís Vidal Laiño  
  9. María Luísa Lores Aguín ‘Mariquiña’

Acta Xornada Electoral 31.10.18

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*