A asemblea de Marea Pontevedra aproba os eixos de pre-campaña Camiño’19 situándose como forza de goberno

A XXII asemblea xeral de Marea Pontevedra celebrada este pasado mércores fixo unha valoración da primeira fase das primarias, que confirmaron a Luís Rei como candidato da formación cidadanista á alcaldía, e definiu os eixos da pre-campaña coa clara vontade de situarse diante da veciñanza como forza de goberno.

Para Marea Pontevedra a radicalidade democrática máxima é o elemento central co que, ao igual que en 2015, e o alto grado de participación nestas primarias, a pesar de concorrer un único candidato, son dous aspectos moi salientables para este punto de arranque dunha campaña que levará a Marea Pontevedra ao goberno da cidade.

Segundo a resolución aprobada na asemblea e que recolle as conclusión da mesma para Marea Pontevedra “estamos nun momento de gran volatilidade política, como sinalan diversas sondaxes propias e alleas que veñen de situar a Marea Pontevedra tras o BNG (en caída), despois Cs, e pechando o PP e o PSOE.”

Para Marea Pontevedra “as forzas que teñen hexemonizado o concello desde o goberno (BNG) e desde a leal e estéril oposición (PP), están en retroceso”, Ademais “existe un certo esgotamento, xa palpable entre a xente, do modelo Lores.”

Tendo en conta esas premisas, nas próximas semanas a Coordinadora de Marea Pontevedra elaborará as liñas estratéxicas dunha precampaña ambiciosa que pivotará sobre dúas marcas claras:

#OMellorAlcaldeORei, situando a Luís Rei como candidato de consenso, fronte a outros partidos que teñen moitas dubidas sobre a súa candidatura, e  apoiándonos nun dos activos máis importantes co que contamos, constatado no crecemento de coñecemento e a alta valoración do portavoz da Marea.

Paralelamente a isto temos posto en marcha a campaña “Camiño’19” co que durante este ano e medio imos afortalar, aínda máis, o carácter propositivo e útil da oferta da Marea, que escoita e atende as necesidades da cidadanía, e que ten situado a Marea Pontevedra en moitos momentos no centro do debate público.

Asi mesmo a asemblea de Marea Pontevedra aprobou dar luz verde ao traballo con outras mareas e iniciativas cidadáns, algunhas xa existentes e outras que están a nacer no noso partido xudicial para abordar as municipais e o asalto as deputacións, e a aposta por EnMarea como paraugas electoral a nivel nacional, capaz de aglutinar diversas iniciativas cidadanistas, tal como o conformou o éxito da xornada provincial de Mareas celebrado en Pontevedra o pasado 18 de febreiro.

Resolución política XXII Asemblea MP 07.03.18

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*